Xiada

Sinto a friaxe da noite
levo o xeo na ialma
frío, escuro frío
noite, tremo cando te achegas.

Escuras estrelas no ceo
son as que alumiñan os meus soños
onde estás, onde te atopas
lúa chea, necesito da túa compaña.

Noite escura
preto te sinto
lúa chea
canta morriña
das túas caricias
xa non lembro a cor
da túa compaña
necesito a calor.

Esperto núa, soa, sen calma
os brazos do meu amado sol
están  entre a néboa
na espesura, no alén.

Véxote, escoito a túa voz
lonxe, moi lonxe
volta preto ó meu carón
despexa de mín as treboadas.

Comentarios

fely dixo…
hola...tienes una buena capacidad para escribir, me gustan estos cuentos y poemas....
bexinos.