domingo, 30 de maio de 2010

O MEU SON

Agarimoso son
o que se achega a mín
doce, tenro vai entrando
ledo, escorrega polas túas mans,
para chegar ó meu xardín,
e así enchelo de frores.


Daslle senso ó meu pulso
espallas paz ós meus poemas,
verbas varias por debuxar
eiquí, nas follas en branco,
follas que esperan por seres debuxadas,
á espera das cores que traen os teus sons,
aloumiñadas pola tua música
embelecidas co teu son
o meu son.

5 comentarios:

El ave peregrina dixo...

Doce e tenro poema Sonia,os aloumiños veñen cargados de belos sons...

Un biquiño é un pracer voltar a pasar pola túa casa.

verónica durán gonzález dixo...

hola!, estou encantada descubrir este blog, repleto de fermosas palabras. Fágome seguidora espectante!!Un saudiño!!!

Nahahya dixo...

O teu son, o meu son....juntas creando maravillosos sueños que dibujan nuestras vidas.
Un placer leer en galego..

Te dejo un cóctel de aromas de primavera envolviendo el abrazo que te estoy dando,

Naia

Meiga dixo...

Bienvenida Verónica, gracias por tu compañía, bicos.

verónica durán gonzález dixo...

gracias por visitar mi blog Meiga!!

NA PROCURA DE SEU

Perdín o norte nunca o tiven camiño sen rumbo na procura dunha persoa esquecida pode que nunca a perdera pode que estivera sempre en mi...