Lonxe

Docemente adurmiñaches
co baile que marcaban as olas
deixácheste levar por elas
lonxe, lonxe, alonxácheste.

Tristemente vin aló ó lonxe
desapareciches, xa non estabas.
Fuxiches cas olas
deixáchesme soiña
fuxiches cas olas
o mar, é a túa bandeira
a túa patria, o teu pálpito.

Eu son terra firme
ti un barco sen rumbo
eu esperareite eiquí, na beira
recollendo conchiñas.

Esperareite con ansia
non perderei a ilusión,
de que algún día voltes
pra aloumiñar o meu corazón.

Comentarios

Publicacións populares