ESNAQUICEIME

Estaba alí, reposando
canso, triste, esquecido
mireino sen pestañexar
sentinme morna, case sen vida.

Contaxeime das túas penas
fixenme amiga da túa xenreira
deixei que as túas lembranzas
inquedasen a miña casa,
esnaquizaches sen piedade
os cimentos da miña estructura,
vigas tortas,
andamios esquecidos
deixei de construir
edificios de xeo nas túas terras
i edifiquei ás
para as miñas verbas.

Esnaquicei os teus planos
e contruín novas cidades
ó redor da miña esencia.

Comentarios

A nena da legua dixo…
voltei de novo, despois dun viaxe moi longo ó meu interior, espero non voltar a deixarvos esquecidos tanto tempo, unha aperta para todos vos.

Volvi de nuevo, después de un viaje muy largo a mi interior, espero no volver a dejaros en el olvido tanto tiempo, un abrazo a todos vosotros.
É fácil contaxiarse das penas alleas e compartilas... iso é ser unha boa persoa.

Unha aperta,Meiga.
A nena da legua dixo…
Outra pra ti ave, graciñas pola visita.