Envexa

Tinguíronse os meus ollos
de bágoas escuras, pretas
correron polas meixelas
coma ríos de tinta
escribiron na miña faciana
unha mensaxe de dor.

Navego nas augas da envexa
augas revoltas
ondas ácedas
buscando unha fenda de luz.
Non atopo claridade nesta mestura
ondas ácedas que queiman a ialma.

Tinguíronse os meus ollos
de bágoas  escuras, pretas
encolleuse o corazón
abrazado polos lazos da mediocridade.
Máis segue a palpitar
tentando librarse
dunha aperta noxenta
disfrazada de amizade.

A miña faciana é un tormento
os meus ollos
perdidos na escuridade
a miña voz quebrada nun laio
sego a navegar
buscando claridade......

S.C

Comentarios

Anónimo dixo…
Amiga,precioso!!!me encantó eres una artista!!!estoy emocionada,GRACIAS,bikiños.
A nena da legua dixo…
Este comentario foi eliminado polo autor.