"Esquecínme"

Esquecín o aroma das túas verbas
agarimosas, xa lonxanas verbas
antaño deixieme levar por elas.

Esquecín as túas apertas
doces, quentes, xa esvaídas
pois xa non choro por elas
tantas noites entre bágoas
porque xa  ficaras.

Non esquezo a túa ialma
sempre lembro as túas ensinanzas
teño morriña da túa compaña
fasme falla,
 tanto que doe.

Esquecín o teu tacto
mais lembro as túas inquedanzas
fun nena querida ó teu carón
neta, fun neta un día
nai da miña nai
canto por contares teño.

Esquecín tanto.....
mais lembro ainda hoxe en día
todo canto xuntas pasamos
marcaches o meu camiño
e iso camiño cada día
con atrancos as veces
pero camiño por tí
e sábelo ben
sábes que o faría.




Comentarios

Publicacións populares