Escudriñando

Escudriñando nas verbas
atopei bágoas mornas
ainda quentes e ácedas.

Escudriñanado no meu lamento
atopei dor, unha dor esquecida
canto tempo alí gardada
unha dor que non lembraba,
e voltou a súa visita
paseou polo meu xardín,
murcháronse as  dalias
caeron sen presa no chan.

Escudriñando atopeite,
mais non quería atoparte,
fuches invitada obrigada
na alcoba dos meus soños,
escudriñaches o que non debías
metiche-los teus ollos
no valeiro do meu corazón
y atopaches un sentimento,
pequeno, agochado a caron
de pequenas verbas
arrexuntadas sen senso algún,
e de súpeto foron
formando frases,
parindo esperanzas
y chegou a luz
alumiñando a soidade.

Escudriñando salvei un sentimento
triste ,esquecido na memoria,
navegou por un mar de inquedanzas
e mantívo o seu rumbo
para chegares a un porto
no que endexamais ninguen estivera
mais todos coñecían.
E alí ficou o meu barquiño escuro
amarrado no porto
esperando ruta.

Escudriñando atopei unha viaxe
na que embarquei sen rumbo
navego por mares de bágoas
buscando unha illa pra deixar o meu laio.

Escudriñando nas verbas
atopei bágoas mornas
ainda quentes e ácedas.

S.C





Comentarios