venres, 25 de outubro de 2013

"A miña Nena"

Cos olliños rasgados
por un doce soriso
así te coñecín
miña nena, CARLOTA.

Arrecendes a flores e mel

a tua presenza
inspira verbas agarimosas
miña nena, CARLOTA.

Sabes que che quero ben.

Eses teus ollos, 
limpos e puros
liberan de inquedanzas a miña ialma.

Miña Nena CARLOTA.

Ningún comentario:

NA PROCURA DE SEU

Perdín o norte nunca o tiven camiño sen rumbo na procura dunha persoa esquecida pode que nunca a perdera pode que estivera sempre en mi...