NA PROCURA DE SEU
Perdín o norte
nunca o tiven
camiño sen rumbo
na procura dunha persoa esquecida
pode que nunca a perdera
pode que estivera sempre en min.
En busca do seu
en busca da verdade
ninguén ten a resposta
ninguén a busca
ninguén a sabe.
En busca de seu fuxín
polos camiños da vida.
A vida non ten camiños.
A vida é un camiño
cos seus atallos
cos seus perigos
a vida é un todo
e un nada.
A vida é un respirar
un nacer
un morrer
A vida son eu
na busca do meu.
S.C
nunca o tiven
camiño sen rumbo
na procura dunha persoa esquecida
pode que nunca a perdera
pode que estivera sempre en min.
En busca do seu
en busca da verdade
ninguén ten a resposta
ninguén a busca
ninguén a sabe.
En busca de seu fuxín
polos camiños da vida.
A vida non ten camiños.
A vida é un camiño
cos seus atallos
cos seus perigos
a vida é un todo
e un nada.
A vida é un respirar
un nacer
un morrer
A vida son eu
na busca do meu.
S.C
Comentarios