"Asubíos para Suevia"

   Voltei dun paseo pola fraga
   despois de falar cunha fada
   e cheguei moi leda á miña casa
   pois ensinárame como chegar á Torre Branca.


   Camiña dereitiña, díxome
   no segundo cogumelo, torce á dereita
   cruza o regato, e logo torce á esquerda
   verás unha eira de millo.
   cruza a eira, e cando chegues ó final
   toparaste cun sapo,
   asubíalle tres  veces,
   convertirase nun cabalo branco,
   monta no seu lombo
   e cántalle unha cantiga,
   voando levaráte ata o ceo
   detrás da terceira nube
   con forma de estrela, deixarate baixar,
   chegarás ata unha porta
   peta tres veces, e dúas máis,
   por fín poderás ver a Torre Branca.


   Os teus soños faranse realidade
   a maxia será a túa amiga
   falarás cos animais
   as fadas serán amigas túas
   os duendes farante rir,
   e cando espertes mañán,
   lembra que hoxe me coñeciches
   e que sempre voltarei cando asubíes.





Comentarios

A nena da legua dixo…
Bicos para Suevia, e grazas polo debuxo.
PACO dixo…
gracias por pasar por mis Cuarenta Sueños. Seras bienvenida siempre. besos.
Fermoso asubío Meiga, onde o tres eéhe o número principal nestes versos agarimosos e cheos de sentimento tenro.

Un bico e perdoa por non entrar antes.
A nena da legua dixo…
U saludo Paco, gracias por la visita.
A nena da legua dixo…
Grazas pola túa aportación Ave peregrina, unha aperta.