mércores, 11 de novembro de 2015

Xenreira

Verbas doentes parín
logo dun soño incerto
escuras verbas, perigosas
queimaban a gorxa.

Queiman tanto,  sen fala quedei
doen, fenden
verbas con xenreira
xestadas na dor
verbas que parín onte
logo dun soño incerto.

Verbas que non son fillas
parín dor,  non son nai
verbas doentes queiman.

Verbas que naceron mortas
na escuridade da noite
logo dun soño incerto.

Ningún comentario:

NA PROCURA DE SEU

Perdín o norte nunca o tiven camiño sen rumbo na procura dunha persoa esquecida pode que nunca a perdera pode que estivera sempre en mi...